Apoio Educativo

Apoio Escolar – Apoio Emocional – Apoio Psicoeducativo

Harmonía Apoio Educativo nace  da necesidade de atender de xeito educativo a aqueles que, entendemos, necesitan un reforzo para poder levar a cabo todo o seu potencial

Harmonía Apoio Educativo nace de Harmonía Terapia Integral, da necesidade de atender de xeito educativo a aqueles que, entendemos, necesitan un reforzo para poder levar a cabo todo o seu potencial tanto a nivel de resultados académicos, como de motivación e desenrolo persoal, social e emocional.
Levamos anos dando forma a este espazo que, logo de atopar un método axeitado, presentamos en sociedade.

O centro consta de salas de apoio educativo con grupos reducidos, para así facilitar un apoio o máis homoxéneo e individualizado posible

Destinatarios

Dirixido a todas aquelas persoas que entendan a necesidade e o beneficio deste proxecto educativo.
Alumnos e alumnas de:
  • Educación Primaria
  • E.S.O.
  • Bacharelatos
  • Ciclos de Formación Profesional
Tódolos grupos son reducidos e homoxéneos por idades e características académicas, fomentando así o traballo en equipo e a participación activa nas sesión.

Os nosos profesionáis

Cunha longa experiencia e unha formación profesional continua, estamos preparados para axudar a cada un dos nosos pacientes.

Carmen Pérez Iglesias: Directora da Harmonía Apoio Educativo. Licenciada en CC. Químicas, con máis de 20 anos de experiencia en centros de apoio educativo con alumnos de primaria, ESO, Bacharelato e Universidade.

Mercedes Moreiras Mosquera: Graduada en Educación Social e Traballo Social.

José Manuel Fariñas Darriba: Psicólogo Sanitario e Director de Harmonía Terapia Integral.

Dentro da nosa estrutura integradora estamos abertos a colaboracións de profesionáis que encaixen na nosa filosofía, se estás interesado contacta con nos

Queres colaborar con nós?

Horarios

O Centro

Coa mesma dinámica e complementando os obxectivos terapéuticos iniciais de Harmonía
Terapia Integral, o centro consta de salas de apoio educativo con grupos reducidos, para
así facilitar un apoio o máis homoxéneo e individualizado posible, ofertanto un servizo
onde prima a calidade sobre a cantidade de persoas que poidan ser atendidas.

Nun espazo privilexiado no centro da vila, e a escasos metros do centro neurálxico
terapéutico, para así poder manter una correlación o máis próxima posible entre a
psicoterapia e o apoio educativo.

Conta con luz e ventilación naturais, un entorno ideal para a aprendizaxe, nun ambiente de
colaboración, compromiso, esforzo e traballo, xerando na persoa autonomía e motivación
para sacar o máximo rendimento posible.

Blog

O que imos contando

Máis novas

Conéctate

Contacta connosco

Gústanos escoitar e esperamos poder axudarche. Ponte en contacto connosco para pedir unha cita ou para realizar unha consulta.

Teléfono

647 722 534

Enderezo

Rosalía de Castro 10-12, 1ºA – Oficina B
32500 O Carballiño

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia ao usar o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador. Tamén usamos contido e scripts de terceiros que poden empregar tecnoloxías de seguimento. Pode proporcionar de xeito selectivo o seu consentimento a continuación para permitir que incrustes deste tipo. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Cookies
Youtube
Consentimento para mostrar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido de - Google