Charlas centranse no estrés e ansiedade ante os exames
Estes días, con motivo do inicio dos exames, o IES Chamoso Lamas do Carballiño está a impartir unha serie de charlas a través do Centro Harmonía Terapia Integral, impartidas polo Psicólogo Sanitario e Director deste centro, José Manuel Fariñas Darriba.
As charlas centranse no estrés e ansiedade que teñen os alumnos ante os exames e como afrontalos con éxito. Van dirixidas os alumnos de 1 e 2 de Bacherelato.