Na actualidade, a poboación laboral traballa nun ritmo elevado e, en ocasións excesivo para acadar o máximo rendimento. É importante diferenciar o estrés positivo (Eustrés) do estrés negativo (Distrés). Este último é ó que imos facer referencia nesta pequena reflexión, entendendo que é fundamental un control sobre o mesmo para os mellores resultados persoais e, en consecuencia, empresariais.

O estrés é unha sensación de tensión física ou emocional.

Estrés emocional

O estrés emocional xeralmente ocurre en situacións consideradas difíciles ou inmanexables e diferentes persoas perciben diferentes situacións como estresantes.

Estrés físico

O estrés físico refírese á reacción física do corpo a diversos elementos desencadenantes, como por exemplo a dor que se sinte despois dunha ciruxía.

O estrés físico a miudo leva ó estrés emocional e este último preséntase como unha molestia física (por exemplo, cólicos estomacales).

Causas do Estrés

  • A actitude dun individuo ante unha situación concreta.
  • Unha actitude negativa reportará máis estrés do que faría unha actitude positiva.
  • Unha dieta deficiente pon ó cuerpo nun estado de estrés físico e debilita o sistema inmunitario.
  • Non ter a nutrición axeitada afecta á forma como o cerebro procesa a información.
  • Actividad física insuficiente.
  • Ter pouco ou ningún apoio social.

Programa individual para o manexo do estrés:

  • Eliminar os pensamentos negativos.
  • Planear algo de diversión
  • Reenfocar o negativo en positivo
  • Tomarse un descanso
  • Pensar positivamente

Actividad física:

  • Facer 20 minutos de exercicios aeróbicos 3 veces por semana.
  • Camiñar 20 minutos en campo aberto.
  • Atopar un compañeiro con quen practicar os exercicios, xa que é máis divertido e motiva á persoa a non abandonar a rutina de exercicios.

Nutrición:

  • Escoller alimentos que melloren a saúde e o benestar, como  froitas e verduras.
  • Usar a guía de grupos básicos de alimentos para axudar a seleccionar alimentos saudables.
  • Comer cantidades apropiadas de alimentos dentro de un horario regular.

Apoio social:

  • Interactuar socialmente con xente, para liberar a mente de preocupacións.
  • Achegarse a outras personas.
  • Buscar actividades sociais sen ánimo de lucro e a nivel voluntario, que reportan gran satisfacción persoal.

Relaxación:

  • Escoitar o cuerpo.
  • Tomarse un pequeno descanso.
  • Tomarse tempo para os intereses e pasatempos personais.

Consellos para aproveitar o tempo

Estableza obxectivos. Deben ser:

  • Específicos
  • Mensurables
  • Viables
  • Realistas
  • Rexidos por un prazo

Estableza prioridades. Seleccione as tarefas que debe realizar:

  1. Facer
  2. Pospoñer
  3. Delegar a otros
  4. Eliminar da lista

Organice o seu tempo

  1. Use unha axenda ou unha aplicación móvil para anotar as tarefas diarias.

Aprenda a dicir “NON”

  • Non se comprometa a facer cousas que non poida rematar por falla de tempo.
  • Recorde que non pode facelo todo.
  • Compromisos coherentes  coas súas  metas e obxectivos.

Aproveite o seu “tempo de espera”

  • Lea as súas mensaxes mentres agarda.
  • Considere as esperas como “tempo ben aproveitado” e non como unha “pérdida de tempo”.

Concéntrese nunha cousa á vez 

  • Concentre a súa enerxía na tarefa que realiza.
  • Evite interrupcións.
  • Non perda o tempo pensando en todas as cousas que quedan por facer.

Busque a súa hora máis productiva

  • Determine en qué hora do día é máis productivo: ¿mañá, tarde ou noite?
  • Remate as tarefas máis difíciles dentro dese período de tempo.

Celebre o éxito

  • Para manter un equilibrio saudable entre traballo e diversión, celebre o logro dos seus obxectivos.
  • Premie sus esfuerzos al completar una tarea o concluir un proyecto.

Referencias

  • Michael G. Aamodt. (2010). Psicología industrial/organizacional. México D.F.
  • Del Pino Jiménez, Elisa. (2012). Trabajo en equipo. Madrid.
  • López Ortega, Sagrario (2011). No pierdas los nervios en los exámenes. P. 43-60. Madrid.