Inscripción no RUEPSS
Harmonía Terapia Integral, ubicada na Vila do Carballiño, está inscrita dende Xaneiro do presente ano 2020 no REXISTRO ÚNICO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS (RUEPSS), dentro da área de Dependencia, como iniciativa privada con ánimo de lucro, dentro da actividade de Psicólogo Sanitario.
O Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais recolle a información referida ás Entidades que desenvolven programas ou son titulares ou xestoras de Centros ou Programas de servizos sociais, nos seguintes ámbitos: maiores, discapacidade, igualdade, infancia, menores, familia, inclusión e servizos comunitarios.
O RUEPSS ten por obxectivo fundamental elaborar e ter a disposición do público, un censo actualizado das entidades prestadoras de servizos sociais e dos centros e programas autorizados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este rexistro configúrase ademais, como un instrumento público básico para o coñecemento, o control, a planificación, a ordenación e a publicación do Sistema Galego de Servizos Sociais. O RUEPSS opera en soporte informático e está adscrito e xestionado pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de servizos sociais