Área de Logopedia

Pide Cita

En Harmonía Terapia Integral, a LOGOPEDIA é a disciplina especializada na  prevención, avaliación, diagnóstico e recuperación integral dos trastornos da linguaxe e da comunicación humana

Neste senso, os profesionais implicados nela desenvolven diferentes actividades cara á intervención nas funcións da comunicación, linguaxe, fala, audición, voz e funcións orais non verbais (como tragar ou succionar), en persoas de todas as idades.

Presentar problemas nestas áreas, provoca dificultades na vida das persoas que as sufren e na dos seus familiares.

Presentar problemas nestas áreas, provoca dificultades na vida das persoas que as sufren e na dos seus familiares

Problemas da fala

As dificultades relacionadas coa articulación- producción de sons: Dislalias (alteracións na articulación dos sons), Disartrias (trastorno da programación motora da fala),e Disfemia ( trastornos da fluidez verbal e do ritmo).

Problemas da Linguaxe

A linguaxe é o sistema co que as persoas comunican ideas e sentimentos, no que entra tanto a linguaxe comprensiva como a expresiva. Neste grupo estarían: Retraso na adquisición da Linguaxe (RSL) , Trastorno Específico da Linguaxe (TEL), DislexiaAfasias, etc.

Problemas de Voz

Un mal uso da voz e uns hábitos non axeitados poden provocar Disfonias nas cordas vogais (Nódulos, Pólipos, Edemas,..) –

Problemas de Audición

A linguaxe e a comunicación vense compremetidos nas persoas con Discapacidade Auditiva, así como as persoas que reciben un Implante Coclear, precisando de rehabilitación auditiva, estimulación da linguaxe e traballo dos aspectos da Voz.

Problemas da Comunicación

Traballamos os diferentes aspectos da comunicación afectados no Trastorno do Espectro Autista (TEA), así como con diferentes Sistemas de Comunicación Aumentativa e/ou Alternativa (SAC).

Problemas de Deglución

É función dun Logopeda avaliar os procesos da Deglución oral e farínxia, a mobilidade, a sensibilidade e o tono da musculatura orofacial, que poden estar comprometidos en diferentes Enfermidades Neurodexenerativas: Parkinson, Alzheimer, Esclerose Múltiple, …

Finalmente, temos que destacar a colaboración e implicación tanto cos diferentes profesionais implicados así como a colaboración coas familias dende unha perspectiva integradora.

Método

Entrevista Inicial

O paciente toma conciencia do grao de confidencialidade, así coma do compromiso establecido entre o terapeuta e o propio paciente. Nese momento, marcamos uns obxectivos terapéuticos reais e alcanzables a curto ou medio prazo.

Valoración

En moitos dos casos, é fundamental descartar unha segunda opinión ou un segundo diagnóstico debido a enfermidades físicas, ou calquer outra dificultade socio-familiar que estea a interromper o xuicio-diagnóstico inicial (duelo, enfermidade grave, ruptura de parella, entre outras).

Tratamento

O tratamento basése no método empírico, ben dende a psitoterapia cognitivo-conductual, ben dende a psicoterapia breve ou outras contrastadas no eido da psicoloxía sanitaria, e respaldadas polos anos de bagaxe.

Galería

Mira o noso centro


Conéctate

Contacta connosco

Gústanos escoitar e esperamos poder axudarche. Ponte en contacto connosco para pedir unha cita ou para realizar unha consulta.

Teléfono

988 045 569

Enderezo

Rosalía de Castro 16, 1ºC
32500 O Carballiño

Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia ao usar o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador. Tamén usamos contido e scripts de terceiros que poden empregar tecnoloxías de seguimento. Pode proporcionar de xeito selectivo o seu consentimento a continuación para permitir que incrustes deste tipo. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Cookies
Youtube
Consentimento para mostrar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido de - Google