Por qué?

O fracaso no estudo débese, en gran parte, a que o alumnado non sabe estudar nin lle ensinaron como facelo. Dende a Educación Primaria as esixencias vanse acrecentando progresivamente e é por iso de gran importancia desenvolver a competencia de aprender a aprender e con iso aprender a estudar e a traballar; xa que isto prevén dificultades nas áreas instrumentais ademais de mellorar as perspectivas escolares do alumnado, que nun futuro garantirán a preparación e o éxito na adquisición da Educación Secundaria Obrigatoria.

Obxectivos

Con este taller preténdese proporcionar ao alumnado unha serie de técnicas e estratexias de estudo que lle permitan adquirir autonomía nos procesos de aprendizaxe e con iso obter uns resultados de aprendizaxe satisfactorios.

Obxectivos específicos:

  • Coñecer as condicións e destrezas que interveñen na tarefa de estudar
  • Aprender a organizar e planificar o estudo
  • Adestrarse en técnicas de traballo intelectual
  • Adestrarse no uso das técnicas de estudo
  • Aplicar as técnicas aprendidas ao estudo persoal
  • Aprender a relaxarse en situacións de tensións ante exames ou traballos

Contidos e Actividades

  1. O lugar de estudo. Condicións intra e interpersoais. Organización do tempo, horario e axenda persoal.
  2. A atención e memoria.
  3. Velocidade e comprensión lectora.
  4. Ideas principais e Subliñado.
  5. Esquema e Resumo.
  6. Preparación dun exame e/ou traballo. Preparación e afrontamiento.
  7. Técnicas básicas de relaxación

Metodoloxía

Partirase dos coñecementos e capacidades previos de cada alumn@. Traballo individualizado, en case a súa totalidade práctico, tarefas lúdicas, traballo a través do xogo de forma que a aprendizaxe sexa motivador.

As actividades desenvolveranse en 7 sesións, unha sesión semanal de 60 minutos polo que o programa terá unha duración dun mes e medio.

PREZO: Individual 180€ / Grupal 120€

Inscríbete ou pide máis información
Contacto
Política de Cookies
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia ao usar o noso sitio web. Se está a usar os nosos servizos a través dun navegador, pode restrinxir, bloquear ou eliminar as cookies mediante a configuración do seu navegador. Tamén usamos contido e scripts de terceiros que poden empregar tecnoloxías de seguimento. Pode proporcionar de xeito selectivo o seu consentimento a continuación para permitir que incrustes deste tipo. Para obter información completa sobre as cookies que usamos, os datos que recompilamos e como os procesamos, consulte a nosa Política de Cookies
Youtube
Consentimento para mostrar contido de - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido de - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido de - Google